jueves, 3 de diciembre de 2015

Un novo PXOM para Vigo

Un novo PXOM para Vigo levará dous anos

Publicado o 03/12/2015 20:48
https://www.google.es/url?sa=t&rct=j&q=&esrc=s&source=web&cd=1&cad=rja&uact=8&ved=0ahUKEwj9qKOM2cHJAhVDCBoKHTY3B9gQFggfMAA&url=http%3A%2F%2Fwww.crtvg.es%2Finformativos%2Fun-novo-pxom-para-vigo-levara-como-minimo-dous-anos&usg=AFQjCNGFIwxkyb19OnN5kRzXHIoh7wF54A&sig2=jXEEQdzF2n5Brq-ieHY9vg
O Concello de Vigo comeza a delimitar os proxectos urbanísticos que considera prioritarios para a cidade
Varios expertos en urbanismo tentaron despexar as dúbidas que a anulación do plan xeral provocou nos empresarios de Vigo. Admiten que nestes procesos non caben atallos, pero que o traballo xa feito pode acurtar sensiblemente os prazos. 
"Se o modelo de cidade desta corporación é o mesmo que xa se aprobou en 2008, aprovéitese todo o traballo realizado, non empecemos de novo a imaxinar a cidade", dixo o xurista experto en urbanismo Carlos Coladas. "Tramitar un plan que xa foi informado nos seus contidos por todos os que van ter que volver a informalo, parece que pode ser relativamente sinxelo e que os seus prazos de tramitación serán máis curtos", dixo o ex-xerente de urbanismo de Vigo, Xavier Rivas.
Con todo ,advirten que non poderá haber un novo plan en menos de dous anos. O que si se pode salvar son os proxectos de máis envergadura, como a ampliación do polígono de Balaídos, a Cidade da Xustiza ou a estacion intermodal de Urzaiz, para os que o concello estuda pedirlle á Xunta a declaración de incidencia supramunicipal.
"Queremos resolver esta cuestión e, acatando a sentenza, buscar a vía de resolver os problemas e de retomar a acción urbanística pola vía máis breve e máis segura, con seguridade xurídica, con transparencia e con previsibilidade", dixo o alcalde de Vigo, Abel Caballero.
A líder da oposición, Helena Muñoz, reclámalle ao Concello celeridade na fixación de prioridades.
"O que lle pedimos ao concello de Vigo é axilidade, é dilixencia á hora de poñer enriba da mesa esas solucións, porque neste momento hai moitos cidadáns en Vigo que están nunha situación de inquedanza porque non saben que vai pasar coas súas licenzas", dixo Helena Muñoz, voceira do grupo municipal do PP.
Muñoz e a conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, cren que a solución máis rápida sería facer modificacións puntuais no vello plan do 1993 en vez de facer un novo.

https://www.google.es/url?sa=t&rct=j&q=&esrc=s&source=web&cd=1&cad=rja&uact=8&ved=0ahUKEwj9qKOM2cHJAhVDCBoKHTY3B9gQFggfMAA&url=http%3A%2F%2Fwww.crtvg.es%2Finformativos%2Fun-novo-pxom-para-vigo-levara-como-minimo-dous-anos&usg=AFQjCNGFIwxkyb19OnN5kRzXHIoh7wF54A&sig2=jXEEQdzF2n5Brq-ieHY9vg


No hay comentarios:

Publicar un comentario